Activas e Creativas, III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña

Ladies, Wine & Design A Coruña
Encontro
En vivo
A iniciativa sen ánimo de lucro Ladies, Wine & Design cumpre 3 anos na escena creativa coruñesa, e queremos celebralo contigo, como nos merecemos.
UN EVENTO HÍBRIDO
Se polo que sexa non podes asistir de forma presencial, non te preocupes, o evento será retransmitido en aberto.
Que quere dicir isto? Pois que por primeira vez, Ladies, Wine & Design Coruña está aberta a todos os públicos na versión online.
Vive a túa experiencia Ladies dende onde queiras!
Ticket

Gratis

En vivo - 10/06 19:00
Activas e Creativas,  III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña

Activas e Creativas, III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña

Encontro En vivo / Duración aprox. 120 mins

Pero, ladies, chegou o momento, é hora de máis.
Precisamos volver vibrar e compartir este aniversario con vos, temos moitas ganas de celebrar estes 3 anos de actividade.
Temos moito de que falar, por iso preparamos un evento para inspirarche, para poñer en valor ás mulleres creativas que somos e seguir avanzando.
O evento é presencial e exclusivo para mulleres e outras minorías de xénero, e terá lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña o  día  10 de xuño ás 19 horas, e baixo as normativas sanitarias. As interesadas deben enviar un email a [email protected] con nome, apelidos e profesión para confirmar a praza. As prazas son limitadas.
AS INVITADAS
Celebra un evento con Iria Espinosa, cociñeira con estrela Michelín, Paula Cons, directora de cine premiada nos Mestre Mateo, Iria Prol, deseñadora gráfica e ilustradora parte da Association of Illustrators, e Maria José Mariño da Axencia Galega de Innovación.
NON QUEDES SEN BRINDAR
El Vino del Mes ofrece envío de balde utilizando o código LADYCORUÑA