12:00
Finalistas do X Certame de Curtas
Asociación Socio-pedagóxica Galega
Proxeccións das curtametraxes do X Certame de curtas da AS-PG.
A través do cinema a Asociación Socio-Pedagóxica Galega pretende render unha homenaxe de vida á nosa literatura, a esa literatura que só pode escribirse na nosa lingua. Somos moi conscientes da dificultade específica deste Certame, con todo, vaise creando e normalizando un novo espazo de creación e dinamización comunicativa.
CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fernández Diz
POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal
ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)
Gratis
En vivo - 09/12 12:00
O xurado do X Certame de Curtas da AS-PG formado por
- Roi Carballido, produtor Filmika Galaika
- Anxa González Refoxo, catedrática de Lingua e Literatura Galega e guionista
- José María Rodríguez Armada, proxeccionista e restaurador no CGAI-Filmoteca de Galicia
Acordou por unanimidade declarar finalistas desta X edición do Certame
- Na categoría Mellor Curta da X edición
CATRO ESCENAS DUNHA VILA, Xoán Fernández Diz
POETISAS DE SEU, Omar Rabuñal
ZONAS DE TRÁNSITO, Marcos Nine
- Na categoría Centros de Ensino
CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020, Sabela Fernández e Maca Rocamonde (IES ARZÚA)
CATOIRA STYLE, Olalla Otero Payno (CPI PROGRESO-CATOIRA)
FIESTRA Ô MAR E Â CIBDADE. CARVALHO CALERO, Luz Beloso (IES MARÍA SOLIÑO)
Finalistas do X Certame de Curtas
Curtametraxes En vivo / Duración aprox. 80 mins
Este Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en apoio do audivisual como forma de comunicación, identidade e divulgación.
Levamos pois desde a AS-PG convocando este certame desde 2010, e as cinco últimas edicións coa colaboración da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, unha organización sen ánimo de lucro, é un movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e integrado por case mil asociados e asociadas de todo o país vinculada en grande medida, directa ou indirectamente co ensino, desde as primeiras etapas até o ensino Universitario. Corenta e dous anos de actividade ininterrompida de formación docente, publicación de materiais didácticos, edición de proxectos audiovisuais, -case corenta títulos publicados en arte, historia, lingua e literatura, elaboración de estudos sociais, e cunha implicación incondicional no proceso de normalización lingüística. Mantén a AS-PG un traballo constante por un ensino galego actual nos contidos e na expresión. E é neste campo, o da expresión, onde se encadra a aposta permanente da AS-PG por formas de comunicación audiovisual.
Desde os incios da AS-PG, nos nosos proxectos estivo sempre moi presente o cine e o audiovisual en xeral como ferramenta educativa, como transmisor de identidade e lingua e como elemento de activismo cultural.
En 2010, cando se cumprían 125 anos do falecemento de Rosalía de Castro, desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega convocamos o I Certame de Curtas para Rosalía, co obxectivo de explorar desde o cine, o audiovisual, a nosa Literatura, os nosos textos literarios, ese ano centrado nos textos rosalianos.
Desde hai 5 anos, ademais da Categoría Xeral á Mellor Curta da edición, convocamos unha categoría para centros de ensino dado o grande esforzo que as comunidades educativas están a facer para achegar ao alumnado a esta forma de comunicación.